O Consello de Goberno da USC aproba o nomeamento de sete profesores Ad honorem
A Universidade de Santiago de Compostela nomeara como Ad honorem a sete profesores recen xubilados, dando así cumprimento ao acordado polo Consello de Goberno que se reuniu hoxe (martes, día 23), en xornada de mañá e de tarde, nunha longa sesión presidencia polo reitor, Juan Casares Long, e celebrada no Colexio de San Xerome. Segundo o acordando adquirirán esta condición Fernando Alonso Romero, de Filoloxía Inglesa; José L. Carro Fernández-Valmayor, de Dereito Administrativo; Sergio Casas, de Química Inorgánica; Enrique Moldes, de Economía Aplicada; Manuel A. Pombo, de Pediatría; Rafael Rodríguez Martínez-Conde, de Xeografía Física, e Félix Vidal, de Física da Materia Condensada.
Segundo o Regulamento de honras e distincións da Universidade de Santiago de Compostela, o nomeamento de profesor ou investigador Ad honorem é de caracter honorífico, a súa colaboración coa USC será ocasional e a actividade a realizar será voluntaria e a título de benevolencia.
Ademais da aprobación da proposta do máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria para a súa implantación no próximo curso, o Consello de Goberno tratou tamén a proposta para a creación da empresa de base tecnolóxica Integral Services for Energy Mangement SL (ISEM) así como a participación da USC no capital social desta sociedade. O proxecto ISEM ten a súa orixe na experiencia do grupo de investigación GI-2033 Teoría e Fenomenoloxía de Partículas, Astropartículas, Campos e Cordas pertencente ao Departamento de Física de Partículas. ISEM é un proxecto que se dedicará ás metodoloxías e ferramentas para a avaliación e exploración de enerxía solar fotovoltaica e outros recursos enerxéticos sustentables.
Outro punto da orde do día a tratar nesta sesión e a proposta de creación do Centro Integral de Análise e Resolución de Conflictos da USC . De aprobarse, a súa creación, este centro será de “ vangarda científico-técnica, toda vez que o proxecto a desenvolver non ten un modelo idéntico, nin en Galicia nin no resto do territorio do Estado, aínda que si semellantes”.