Ir o contido principal

O Consello de Goberno da USC reúnese este mércores

O Consello de Goberno da USC someterá a aprobación este mércores 11 os novos graos de Enfermaría, Educación Social e Pedagoxía, así como outros tres másters oficiais, no transcurso da xuntanza que o órgano colexiados vai celebrar a partir das 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
A adhesión á declaración de Starlight, a convocatoria Ramón y Cajal 2009 ou os criterios e instrucións que deberán aplicarse para a aprobación da Planificación Académica Anual do curso 2009-2010 son outros dos puntos nos que se centrará a xuntanza, na que tamén se lle prestará atención aos criterios para o reparto de axudas de terceiro ciclo e á normativa provisoria de selección de PDI funcionario acreditado.
A orde do día desta xuntanza inclúe ademais a presentación dun informe sobre a actividade das cátedras institucionais, un acordo sobre o profesorado emérito ao abeiro da normativa, cambios de área, prazas de profesorado, cursos de posgrao propio, así como a elección de membros en diversas comisións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.02.2009.