Ir o contido principal

O Consello de Goberno da USC reúnese este venres

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reunirase este venres, día 4, a partir das 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome para tratar, entre outros asuntos, a memoria económica do ano 2007.
Outros puntos da orde do día desta xuntanza son a creación da comisión delegada do Consello de Goberno para Relacións Exteriores, a inclusión da USC na Fundación Confederación de Empresarios de Galicia para a Innovación Empresarial, a participación de empresas de base tecnolóxica EBTS, a convocatoria de bolsas de comedor do S.U.R. para o vindeiro curso ou a proposta de composición e funcións da Comisión de Actividades e Servizos de I+D.
Na xuntanza debaterase tamén sobre a modificación da normativa de bolsas de colaboración e de bolsas de apoio á investigación, a proposta de asignación de complementos retributivos, cursos de posgrao propio e modificacións de Programas Oficiais de Posgrao e os criterios e calendario de aprobación de máster e programas de doutoramento para 2009-10, entre outros asuntos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2008.