Ir o contido principal

O Consello de Goberno da USC reúnese o vindeiro martes 29

Os criterios para a elaboración da Planificación Académica Anual correspondente ao curso 2008-2009 ou o apoio á candidatura da Torre de Hércules como Ben Cultural Patrimonio da Humanidade son dos temas incluídos na orde do día da xuntanza que o Consello de Goberno da USC vai celebrar o vindeiro martes, día 29.
Na xuntanza, que se vai celebrar a partir das 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, tamén se abordará a declaración de 2008 como Ano Rodríguez Cadarso, o informe anual sobre a relación económica entre a USC e as empresas nas que participa, novas propostas de cursos de posgrao propio e prazas de profesorado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2008.