Ir o contido principal

O Consello de Goberno da USC reúnese este xoves en San Xerome

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago celebrará este xoves 25, a partir das 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, unha xuntanza presidida polo reitor Senén Barro Ameneiro.
O órgano colexiado tratará unha nova quenda de acordos de interese mutuo entre a USC e diversos Departamentos, aspectos relacionados co deseño de futuros graos oficiais, a modificación de plans de estudo de Programas Oficiais de Posgrao, prazas de profesorado, complementos retributivos autonómicos ou unha modificación da proposta de asignación do complemento por mérito docente.
Na orde do día tamén se inclúe a elección de membros as comisións de Revisión, Estudos de Posgrao, Calidade e Planificación, Publicacións e Intercambio Científico e de Relacións Exteriores; comisións de servizo; a validación de resolucións relativas ao acceso a másters oficiais no curso 08-09 que modifican o límite de prazas aprobado previamente no mes de xullo; e os informes relativos aos Centros Singulares de Investigación e sobre o Plan de Ordenación do Campus e Estudo de Tránsito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2008.