Ir o contido principal

O Consello de Universidades debate o Real Decreto de medidas urxentes de racionalización do gasto público na educación

O incremento de taxas, o réxime de dedicación do profesorado ou a rendición de contas ante o órgano de fiscalización foron algúns dos temas que centraron a sesión extraordinaria do Consello de Universidade celebrada recentemente baixo a presidencia do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, José Ignacio Wert. A xuntanza respondía á petición realizada polo conxunto de reitores ao Ministerio co fin de convocar unha reunión na que, como único punto a tratar, se analizar o Real Decreto-lei 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo. Como sinalou a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), a sesión realizouse retomando o “diálogo, o debate e a busca do consenso que historicamente foi a forma de funcionar do Consello de Universidades”. Incremento de taxas Os reitores/as solicitaron unha moratoria na aplicación do incremento de taxas ata que as condicións económicas o permitan. Fronte ao rexeitamento ministerial, se discutiu a proposta de que, polo menos, non se aplicara ese aumento ao alumnado xa matriculado, tanto de graos como másteres e plano de estudo antigos, xa que a medida pode ocasionar que moitos estudantes non poidan facer fronte ás matriculas do próximo curso. O ministro trasladoulle aos reitores/as a imposibilidade de levar a cabo estas propostas e remitiu aos gobernos autonómicos a determinación do valor dos custes dentro da pinza dos prezos públicos. Dedicación docente Os reitores/as realizaron diversas propostas de recoñecemento das actividades docentes que desempeñan os/as docentes universitarios incorporando, ademais da docencia, a investigación, a transferencia do coñecemento e a xestión académica científica. Entenden ademais que a investigación non se pode medir unicamente a través dos sexenios, ao existir outros parámetros de igual valor. Tamén se incidiu na contradición que pode supoñer coa Lei de la Ciencia, en cuxo artigo 32 establécese que as universidades públicas, no exercicio da súa autonomía, poderán establecer a distribución da dedicación do persoal docente e investigador. Ante as numerosas propostas de recoñecemento da actividade universitaria que leva a cabo o profesorado, a presidenta da CRUE propuxo a creación dunha comisión mixta, presidida pola secretaria de Estado de Educación, FP e Universidades, Montserrat Gomendio, e formada por sete reitores/as en representación da CRUE e os membros que determine o Ministerio. A comisión, que debería reunirse como “suma celeridade”, terá como finalidade clarificar os aspectos do Real Decreto-lei relativos á dedicación do Persoal Docente e Investigador. Ademais, esta mesma comisión encargarase de analizar algunhas cuestións técnicas formuladas no artigo 81.5 relativas á liquidación do orzamento das universidades. José Ignacio Wert comentou que, a través dunha emenda á Lei de Presupostos, se vai a incluír ao persoal docente e investigador dentro do ámbito de aplicación da taxa de reposición de efectivos, o que permitirá a incorporación de ata un 10 por cento de persoal ás prazas que se extinguen.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.06.2012.