Constituído o Claustro Universitario
Logo das pasadas eleccións, o Claustro constituíuse este luns 15 na Facultade de Dereito coa elección de membros da Mesa do Claustro e da Comisión Electoral Central como primeiros puntos da orde do día. A Mesa quedou conformada por Luz Gigirey Prieto, Víctor M. Longa Martínez, Francisco Rodríguez Lestegás, Mª del Carmen Segura Iglesias, Miguel Abel Souto e Matilde Casas Parada, como representantes do profesorado doutor con vinculación permanente (sector I). Polo sector doutros colectivos docentes (sector II) foron elixidos Francisco Javier López González e Mª del Carmen Sánchez Carreira. Polo do estudantado (sector III) resultou elixida Marta Segovia, quedando dúas vacantes, e polo do PAS (sector IV) Lucía Rodríguez Martínez. Preside a mesa o reitor, ocupando a súa secretaría a secretaria xeral da USC.
Na conformación da Comisión Electoral Central (CEC), o reitor delegou a presidencia no profesor Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas. Polo sector I, completan a CEC Isabel Diz Otero, Francisco Fernández Polo, Rafael García Pérez, Alba Nogueira López, Francisco Javier Otero Espinar e Miguel Abel Souto. Polo sector II, José Antonio Duro Vieiro e Alicia Villalba; polo III, Laura María Reigía Couto; e, polo IV, José Manuel Velo García.
Informe do reitor
O reitor Antonio López presentou ante o Claustro o seu primeiro informe aludindo ás catro xuntanzas do Consello de Goberno celebradas dende a súa toma de posesión, lembrando que unha delas se desenvolveu por vez primeira no Campus de Lugo. Neste primeiros meses do novo goberno universitario, o reitor mantivo encontros con diversas institucións políticas e gobernamentais autonómicas, provinciais e locais de Santiago e Lugo. Igualmente, o reitor propuxo trasladar dende o Claustro e dende a propia USC os parabéns da comunidade universitaria á profesora Carmen Pomar Tojo logo da súa designación como nova conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Outros temas dos que o reitor deu conta no seu informe foi a convocatoria de quince cátedras de promoción interna, actualmente en proceso de convocatoria, a futura implantación dos graos en Enxeñaría Robótica e en Xestión Cultural ou a aprobación do Código de Boas Prácticas en Investigación, cuxo obxectivo principal será axudar a entender o que significa a responsabilidade no exercicio da investigación e igualmente servir á comunidade científica co fin de definir un marco xeral de auto-regulación neste ámbito.
O reitor informou tamén da constitución do Consorcio Interuniversitario Galego, integrado polas tres universidades galegas de xeito proporcional e pola Xunta de Galicia. Nesta primeira etapa de funcionamento, a presidencia recaeu no reitor compostelán e a secretaría na xerencia da Universidade da Coruña. Polo que respecta ao calendario de xuntanzas do Claustro, o reitor adiantou a celebración dunha nova convocatoria antes de que remate o ano para tratar as liñas xerais da programación plurianual e dos orzamentos da institución para 2019 e outro previsiblemente na próxima primavera para cuestións xerais de xestión ou que requiran do debate deste órgano de goberno.
As votacións para a constitución da Mesa do Claustro e para a elección de membros da Comisión Electoral Central, primeiros puntos da orde do día da xornada