Ir o contido principal

Constituíuse na USC a Rede Galega de Incubadoras Tecnolóxicas

Á xuntanza celebrada na Casa Europa asistiron as incubadoras de empresas de base tecnolóxica implantadas na actualidade en Galicia
Á xuntanza celebrada na Casa Europa asistiron as incubadoras de empresas de base tecnolóxica implantadas na actualidade en Galicia
Foi no transcurso dunha xuntanza celebrada na Casa Europa á que asistiron as incubadoras de empresas de base tecnolóxica implantadas na actualidade en Galicia

As incubadoras de empresas de base tecnolóxica implantadas na actualidade en Galicia acaban de constituírse como Rede Galega no transcurso dunha xuntanza celebrada este luns 19 na Casa de Europa. A reunión celebrouse impulsada por Uninova e contou ademais coa participación de entidades de apoio á incubación de carácter tecnolóxico de toda Galicia.
Na xuntanza constitutiva da Rede Galega de Incubadoras Tecnolóxicas participaron tamén a vicerreitora de Investigación, Mª José Alonso, e o director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Salustiano Mato. O obxectivo que se persegue coa creación desta rede é a sensibilización e formación do persoal directivo e técnico das incubadoras na xestión da I+D+i para alcanzar unha mellor difusión destes conceptos e do seu funcionamento.
Entre outros temas, na reunión tratouse a posta en común de metodoloxías de traballo, a creación dunha rede de expertos, o benchmarking entre incubadoras e a realización de accións formativas que versen sobre a problemática da transferencia de resultados de I+D cara á creación de empresas (spin-off) con todas as temáticas relacionadas: aspectos legais, protección de propiedade intelectual, financiamento, fiscalidade da I+D+i ou axudas a iniciativas de emprego de base tecnolóxica, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.01.2009.