Ir o contido principal

Continúa aberta a posibilidade de participar na Semana da Ciencia

O evento de carácter europeo terá lugar do 10 ao 23 de novembro

A Semana da Ciencia é un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade con actividades innovadoras e amenas. O evento, que conta coa colaboración de investigadores da USC, mantén aberto a través da web o prazo de inscrición tanto para organizar como para asistir ás sesións.
Coordinada pola Dirección Xeral de I+D+i, a Semana será do 10 ao 23 de novembro por toda Galicia amosando aos cidadáns, dun xeito divertido e accesible, como a ciencia está presente nas súas vidas cotiás dende os elementos máis simples aos máis sofisticados.
Dado que 2008 foi declarado Ano Internacional do Planeta Terra pola Unesco, a Semana da Ciencia dedicará especial atención a esta temática. Perséguese resaltar a importancia dun futuro equilibrado e sostible que aumente a calidade de vida e salvagarde a dinámica planetaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2008.