Ir o contido principal

Continúa a campaña de doazón de sangue con unidades móbiles en Dereito e Ciencias da Comunicación

As facultades de Dereito e de Ciencias da Comunicación serán os próximos destinos das unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia para a vindeira semana.
No Campus Sur, o martes 16 e o mércores 17 os universitarios poderán doar sangue nunha unidade emprazada diante da Facultade de Dereito en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. Mentres, no Campus Norte, o martes 16 as persoas interesadas poderán achegarse á Facultade de Ciencias da Comunicación onde o Centro de Transfusión vai instalar un punto de hemodoazón a carón do prato de televisión (fronte á conserxería do centro.
Primeira faseNa primeira fase desta campaña no actual ano académico, que se desenvolveu dende outubro ata decembro, houbo un total de 1.482 doazóns na USC, 1.186 no Campus de Santiago e 296 no de Lugo.
Estas campañas que se desenvolven na Universidade convértense cada ano no punto de entrada de moitos novos doadores. A día de hoxe, a contribución universitaria achega ao redor do 10% das necesidades de Galicia, onde se estima que este ano se precisarán 125.000 doazóns para cubrir toda a demanda dos hospitais galegos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2010.