Ir o contido principal

Continúa a campaña de doazón de sangue na USC

A campaña de doazón de sangue que se está a desenvolver no presente curso académico da USC continúa esta semana nos campus de Lugo e Santiago.
No campus compostelán, a unidade de doazón do Centro de Transfusión de Galicia estará este martes 13 e mércores 14 diante da Facultade de Medicina, dende as 9:30 ata as 14:30 horas e dende as 15:30 ata as 21:00 horas. Ademais, o martes haberá unha unidade móbil diante do aulario do CHUS en horario de mañá.
O xoves 15, a comunidade universitaria poderá doar na unidade situada no aparcamento superior das Facultades de Ciencias da Educación e Psicoloxía, dende as 9:30 ata as 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.
Campus de LugoEn Lugo, a unidade de doazón estará dende o martes ata o xoves fronte ao edificio administrativo da Escola Politécnica Superior, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2010.