Se convoca o ‘Premio RedEmprendia 2012: da Universidade á Empresa’ dirixido a proxectos empresariais e novas empresas
A rede de universidades iberoamericanas RedEmprendia lanza a primeira convocatoria do Premio RedEmprendia 2012 co lema ‘Da Universidade á Empresa”, unha competición cuxo propósito é apoiar o espírito emprendedor, potenciar a innovación e contribuír ao desenvolvemento social e económico da rexión iberoamericana. O galardón conta co respaldo de Banco Santander que, a través da súa División Global Santander Universidades, patrocina todas as actividades de RedEmprendia. Este certame recoñecerá a valía de iniciativas empresariais promovidas dende as universidades iberoamericanas, podendo participar cada universidade cun máximo de tres candidaturas, que poderán ser proxectos empresariais ou empresas de moi recente creación, impulsadas por emprendedores universitarios. Neste último caso, as propostas deberán de estar constituídas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2011. O prazo para presentar as candidaturas está aberto ata o 15 de setembro de 2012, a través do portal de RedEmprendia, onde está dispoñible o formulario de solicitude. 50.000 euros en premios A convocatoria inclúe premios por valor de 50.000 euros, que se repartirán entre un primeiro de 25.000 euros, un segundo de 15.000 e un terceiro premio de 10.000 euros. Ademais, os gañadores poderán participar no programa de RedEmprendia ‘Novos Emprendedores, Aprendendo a Emprender’, que financia a estadía de emprendedores en empresas doutros países co obxectivo de aprender como poñer en marcha unha empresa. Mediante un proceso de selección resultarán elixidos 15 finalistas, que presentarán o seu proxecto no foro “RedEmprendia Spin2012”, un encontro internacional sobre emprendemento universitario que se celebrará en Madrid no mes de novembro. Nese marco, unha comisión internacional de expertos decidirá os vencedores da competición Para a elección tanto dos finalistas como dos gañadores se valorarán, entre outros criterios, a viabilidade do proxecto, o seu grao de innovación e a súa adecuación ás necesidades e demandas da poboación, a súa implicación co emprendemento responsable, o volume de emprego e inversións xeradas ou esperables e o seu potencial de desenvolvemento internacional. Más información en: http://redemprendia.es/spin-2012/premio-de-la-universidad-a-la-empresa