Ir o contido principal

Convocadas as eleccións de representantes de estudantes no Claustro Universitario e no Consello do Estudantado

Imaxe de arquivo de estudantado na USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo de estudantado na USC. FOTO: Santi Alvite
En ambos os dous procesos xa está publicado o censo provisional, podendo presentarse reclamacións ata o día 9 deste mes
Lugo, Santiago de Compostela

Os comicios para elixir representantes de estudantes no Claustro Universitario desenvolveranse o vindeiro 14 de marzo, mentres que as eleccións para elixir representación no Consello do Estudantado terán lugar o vindeiro 23 de febreiro. En ambos os dous procesos xa está publicado o censo provisional, podendo formalizarse reclamacións ata o día 9 deste mes. Todos os detalles e calendario atópanse accesibles na web das eleccións.

Nas eleccións ao Claustro, o 14 de febreiro publicarase a resolución da Secretaría Xeral sobre rectificación do censo provisional. Dende ese día e ata o 16 deste mes poderán presentarse recursos ante a Comisión Electoral Central (CEC) contra o censo. A publicación do censo definitivo terá lugar o 19 e dende ese mesmo día e ata o 28 de febreiro poderase proceder á presentación de candidaturas. A proclamación provisional producirase o 29 febreiro, mentres que a definitiva terá lugar o 5 de marzo. A campaña estenderase entre o 6 e o 12 de marzo.

Pola súa parte, no caso dos comicios relativos á elección de representantes de estudantes para o Consello do Estudantado, o prazo de presentación de candidaturas estenderase do 14 (xornada na que se fai público o censo definitivo) ao 16 de febreiro. O día 19 darase a coñecer a listaxe provisional de candidaturas, mentres que o 22 publícase a definitiva. As votacións efectuaranse o día 23 de febreiro, dende as 9.00 ás 12.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.02.2024.