Ir o contido principal

Convocadas as eleccións de representantes de todos os sectores nas Xuntas de Centro, nos Consellos de Departamento, e de alumnado da EDIUS no Consello do Estudantado

As reclamacións contra o censo provisional poderán efectuarse dende este martes 17 ata o 23 de outubro. FOTO: Santi Alvite
As reclamacións contra o censo provisional poderán efectuarse dende este martes 17 ata o 23 de outubro. FOTO: Santi Alvite
As votacións efectuaranse o día 27 de novembro de 2023, en horario ininterrompido desde as 9.00 ata as 18.00 horas
Lugo, Santiago de Compostela

As eleccións de representantes de todos os sectores nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento, así como de representantes de alumnado da EDIUS no Consello do Estudantado desenvolveranse o vindeiro 27 de novembro en horario ininterrompido dende as 9.00 ata as 18.00 horas. As reclamacións contra o censo provisional poderán efectuarse dende este martes 17 ata o 23 de outubro. A resolución da Secretaría Xeral sobre rectificación do censo terá lugar o día 25 deste mes e o censo definitivo publicarase o 30 de outubro.

A presentación de candidaturas desenvolverase do 31 de outubro ao 10 de novembro, producíndose a proclamación provisional o día 13 de novembro e a definitiva, o día 16. A campaña electoral estenderase do 17 ao 23 de novembro. O calendario completo e os detalles das convocatorias poden consultarse na web das eleccións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2023.