Corenta aniversario da licenciatura de Dereito
A licenciatura de Dereito 1968-73 celebra este sábado 9 o seu corenta aniversario nun acto presidido polo reitor Juan Casares Long. A cerimonia comezará ás 12.00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). Acompañarán ao reitor nas intervencións o catedrático de Dereito Financeiro e Tributario Perfecto Yebra Martul-Ortega, o profesor de Dereito Administrativo José Mª de Frutos Isabel, o catedrático de Dereito Canónico José Angel Fernández Arruty, o catedrático de Dereito Natural e Filosofía do Dereito Francisco Puy Muñoz, o catedrático de Dereito Mercantil Carlos Fernández-Novoa, todos eles da USC, e mais o profesor José Manuel Otero Lastres, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Alcalá de Henares. En nome da promoción de licenciados e licenciadas tomará a palabra o catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid Carlos Lema Devesa, que lle entregará unha placa conmemorativa ao reitor en lembranza dese día.