Créase o primeiro Club Lectura Virtual Universitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) colabora estreitamente coas seis universidades públicas de Galicia e do Norte de Portugal no desenvolvemento de proxectos comúns que contribúan ao fomento e divulgación da cultura galega e portuguesa, no ámbito universitario.
Neste marco créase o primeiro Club de Lectura Virtual Universitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que se presenta este xoves, día 27, ás 12:30 horas no Salón de Actos do Instituto Xelmirez I de Santiago. A presentación correrá a cargo do reitor da USC e presidente do CEER, Senén barro. Deseguido actuará o Espazo de Danza da USC para dar paso a un debate-coloquio sobre literatura galega e portuguesa no que participarán os escritores Carlos Losada e Rubén Ruibal, Premio Estatal de Literatura Dramática 2007.