Ir o contido principal

Crenzas e condutas obstétricas na medicina popular galega, conferencia do profesor Carro Otero na residencia Monte da Condesa

O presidente da Real Academia Galega de Medicina e Cirurxía, José Carro Otero, intervén este martes 16 no programa de actividades da Residencia Universitaria Monte da Condesa.
Carro Otero, que é profesor de Ciencias Morfolóxicas da Facultade de Medicina da USC, disertará sobre crenzas e condutas obstétricas na medicina popular galega. A sesión comezará ás 20:00 horas na Sala de Usos Múltiples da Residencia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2008.