Criminoloxía profunda na relación entre vítimas de terrorismo e Sistema Penal
‘Vítimas do Terrorismo e Sistema Penal’ é o do título do seminario organizado polo Instituto de Criminoloxía, que terá lugar na USC este xoves 5 e o venres 6. O seminario, dirixido polo profesor Fernando Vázquez-Portomeñe, desenvolverase no propio Instituto coa asistencia, entre outros, do fiscal xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza, que falará sobre as actuacións do seu departamento en defensa das vítimas do terrorismo; o director xeral de Apoio ás Vítimas do Terrorismo, José Manuel Rodríguez Uribes; a catedrática de Dereito Penal da Universidade de Coimbra, Anabela Miranda, e Ivo Aertsen, do Instituto de Criminoloxía da Universidade de Lovaina. As sesións científicas de estas xornadas arrancarán este xoves 5 co acto inaugural, programado para as 17:00 horas. Deseguido tomará a palabra o catedrático de Dereito Penal da Universidade Autónoma de Madrid, Bernardo Feijoo Sánchez para falar sobre ‘O estatuto penal, procesual e asistencias das vítimas de terrorismo en España’. Patricia Faraldo Cabana, catedrática de Dereito Penal da Coruña, seguiralle na quenda de intervencións co relatorio ‘O papel da vítima na execución da pena nos delitos de terrorismo’. Para rematar esta primeira sesión, o fiscal xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza, ten programado expor as actuacións do Ministerio Fiscal na defensa das vítimas do terrorismo, o que dará paso a un coloquio.
Os participantes que acudan ao 80 por cento das horas lectivas recibarán un certificado de asistencia e os das titulacións de Ciencias Criminolóxicas, Dereito, Xornalismo e Ciencias Políticas recibirán ademais 1 crédito de libre configuración pola súa participación no seminario. Este seminario desenvólvese no marzo do proxecto de investigación ‘ Medidas alternativas á privación de liberdade’, financiado pola Consellaría de Economía e Industria.