Ir o contido principal

Os Cuadernos de Español como Lengua Extranjera da USC presentan o seu segundo volume

El español idiomático da juego. 150 fraseologismo con ejercicios para nivel umbral (B1) é o título do que será o segundo volume dos Cuadernos de Español como Lengua Extranjera da USC, iniciativa que botou a andar en 2009 cun texto que xiraba arredor do filme ‘Todo sobre mi madre’, de Pedro Almodóvar. Cada un destes títulos canaliza actividades prácticas elaboradas polos profesionais da USC implicados no ensino do español como lingua estranxeira.

O novo volume presentarase en rolda de prensa este venres 3 de febreiro a partir das 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca coa participación do vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet; do director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco; e da autora do volume, a profesor do CLM Mª Losada Aldrey

O traballo vai dirixido fundamentalmente a usuarios de nivel limiar (B1) e aos seus profesores. Foi concibido no interior do grupo interuniversitario FRASESPAL e levado á practica nas aulas dos cursos de español do Centro de Linguas Modernas da USC para a súa pilotaxe. O caderno ofrece, de xeito innovador, unha selección de 150 fraseoloxismos presentados baixo unha clasificación onomasiolóxica, conceptual, arredor de dez unidades temáticas. Nelas aparecen indicacións relativas ás formas canónicas, rexistros, significados, usos -ilustrados con exemplos- e información sobre a creación, orixe e motivación dos fraseoloxismos.

Incluído no catálogo do selo editorial ‘USC, editora’, está é unha iniciativa do Centro de Lingua Modernas e do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2012.