Ir o contido principal

Cuarta edición dos Lvdi Compostellani na Facultade de Filoloxía

Un ano máis, a Facultade de Filoloxía acollerá este martes 22 os Lvdi Compostellani, organizados pola sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC) en colaboración coa USC.

As actividades, nas que participarán arredor de 200 estudantes de toda Galicia, comezarán na Facultade ás 11.00 horas con obradoiros de cultura clásica en cociña, escritura moda, grafitos pompeianos, danza grega e xogos, que se desenvolverán de novo dúas horas máis tarde incluíndo ademais hoplitas e escritura latina e grega.

Paralelamente, a partir das 11.00 horas con saída dende o Obradoiro, terá lugar unha xincana clásica polas rúas de Santiago que rematará na Facultade de Xeografía e Historia. O programa complétase cunha exhibición, ás 12.00 horas na Facultade, de lexionarios romanos a cargo do Club Falcata de Vigo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.01.2019.