Ir o contido principal

A cuarta sesión do Coloquio de Economía Aplicada debate a reforma do imposto de sociedades para minorar o fraude fiscal

Ciencias Económicas e Empresariais continúa este xoves co seu ciclo de Coloquios sobre Economía Aplicada que se están desenvolvendo entre os meses de febreiro e maio na Facultade. A cuarta sesión leva por título ‘O imposto de sociedades: a súa reforma para minorar o fraude fiscal’.

O coloquio terá lugar ás 12.00 horas na Aula 5 e intervirán Emilio Moldes Teo, catedrático de Economía Aplicada, e Miguel Ángel Vázquez Taín, profesor do Departamento de Economía Aplicada. Esta actividade desenvólvese no marco do 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2018.