Ir o contido principal

A cuarta Xornada Universitaria Galega de Xénero reunirá o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero

Imaxe das primeiras xornadas, celebradas en Santiago en 2013
Imaxe das primeiras xornadas, celebradas en Santiago en 2013
Ata o 12 de xullo aínda pode formalizarse a inscrición, de carácter gratuíto

A cuarta edición da Xornada Universitaria Galega de Xénero abordará o próximo 15 de xullo na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC analizará a práctica docente co obxectivo de impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como criterio de excelencia universitaria. Co lema ‘ Perspectiva de xénero na docencia universitaria’, este encontro promovido polas tres universidade galegas permitirá o intercambio de experiencias entre o persoal docente e potenciar experiencias innovadoras que inclúan a perspectiva de xénero como un eixe de traballo. O prazo de inscrición, que é gratuíta, remata o 12 de xullo.

Concibida como punto de encontro para o persoal docente e investigador galego que traballa con perspectiva de xénero, a Xornada constará dunha conferencia inaugural titulada ‘O que a universidade debe ás mulleres’ que impartirá Marina Subirats, experta en educación e xénero e profesora emérita de Socioloxía da Universitat Autònoma de Barcelona. Ademais, completarán o programa tres sesións orais e unha de pósteres para a exposición das 40 comunicacións aceptadas.

Entre as temáticas tratadas, os debates estarán enfocadas na metodoloxía docente e perspectiva de xénero; innovación e boas prácticas na aula; integración da perspectiva de xénero no ensino virtual; a dimensión de xénero na titorización; dinámicas de xénero na aula; e comunicación inclusiva, o uso da linguaxe na docencia.

Ligazóns relacionados:

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.06.2016.