Por cuarto ano, o curso de especialista en Seguridade Social abre a preinscrición
O curso de especialista en Seguridade Social desenvolverá no primeiro semestre de 2012 a súa terceira edición. Trátase dunha acción formativa organizada pola USC co respaldo do Ministerio de Traballo, a Consellaría de Traballo, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Instituto Social da Mariña e @e (Administración Electrónica). O período de preinscrición estenderase ata o próximo 31 de outubro e poderase formalizar na Área de Dereito do Traballo da USC na Facultade de Dereito ou mesmo na sede do Instituto Social da Mariña na Coruña. Deseguido, abrirase a matrícula, entre o 1 de novembro e o 10 de xaneiro de 2011. Profesores das tres universidades galegas, maxistrados, inspectores e funcionarios das entidades xestoras impartirán as distintas sesións prácticas e teóricas. O programa docente do curso articúlase ao redor de nove bloques temáticos nos que, partindo da evolución histórica e das fontes do sistema da Seguridade Social, se prestará atención ao ámbito de aplicación e xestión da SS, actos de encadramento e réxime económico ou prestacións do réxime xeral e dos réximes especiais. Tamén analizaranse outros temas como os rexímenes especiais da seguridade social, prestacións non contributivas, a seguridade social complementaria, a tutela administrativa e xudicial ou a normativa comunitaria e convenios internacionais relativos á SS. Para acadar máis información sobre este posgrao, as persoas interesadas poden dirixirse á profesora Lourdes Mella. As clases celebraranse do 11 de xaneiro de 2012 ao 15 de xuño, os xoves e venres, en horario de 16:00 a 21:00 horas na Facultade de Dereito.