Ir o contido principal

A cultura colaborativa, nova xornada gratuíta dirixida ao alumnado

Organízaa a Área de Orientación Laboral e Emprego da USC

A Área de Orientación Laboral e Emprego da USC organiza a vindeira semana unha nova actividade de cara á mellora da empregabilidade do alumnado.

Nesta ocasión, o vindeiro día 15 desenvolverán na Facultade de Relacións Laborais a xornada ‘A cultura colaborativa: tecendo redes de cooperación para a busca de emprego’, na que se compartirán experiencias da nosa contorna baseadas na cooperación e colaboración como vía para xerar oportunidades profesionais, buscar emprego e establecer novas fórmulas nas relacions laborais e establecemento de contactos profesionais.

A xornada comezará cunha mesa con representantes de diversos programas como Lanzaderas, Colabora, A senda, A Viaxe e Empréga-te para continuar con intervencións sobre os espazos de traballo compartido e as redes de traballo ou como establecer os contactos entre profesionais na busca de beneficio mutuo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.03.2017.