Ir o contido principal

Curso de Atmosferas Explosivas na ETSE

Curso de Atmosferas Explosivas na ETSE
Curso de Atmosferas Explosivas na ETSE

O enxeñeiro industrial José María Amezaga impartiu estes días na Escola Técnica Superior de Enxeñaría un curso de Atmosferas Explosivas (ATEX) que congregou a preto dun cento de persoas, a maioría alumnos de grao en enxeñaría química, de mestrado e doutros títulos relacionados co sector, aínda que tamén algún profesional de empresa.

As atmosferas explosivas prodúcense en multitude de procesos de todo tipo de industrias e entrañan un risco para os traballadores. Para protexer a súa seguridade e saúde no desempeño das súas funcións desenvólvese a Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, o marco lexislativo sobre a que se desenvolve a regulamentación ATEX.

A actividade organizouna ISA USC, unha sección de estudantes de Santiago de Compostela integrada dentro de ISA Sección Española, unha filial de ISA (International Society of Automation), que pretende por en contacto os mundos empresarial e universitario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2017.