Ir o contido principal

Un curso na ETSE profundará no campo da Data Science

Ao longo de dúas xornadas, os días 27 e 28 de maio, un curso na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago (ETSE) presentará unha visión xeral do campo da Data Science mediante a análise das súas similitudes co método científico e identificará algúns do erros máis frecuentes cando se aplica a ciencia de datos e cómo facer fronte a este problema. O curso ‘ Big Data: data science ou como facer fronte ás verdades e mentiras dos datos’, organizado polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información, inclúe un relatorio de Jordi Vitrià e un taller práctico. No bloque práctico do curso presentaranse unha serie de ferramentas e aplicacións de utilidade na xestión da Data Science como as de Pythom (IPython, NumPy, Pandas ou Blaze), a estimación estatística de frecuencias, a estimación bayesiana, ou a programación probabilística. Para participar, as persoas interesadas deben rexistrase previamente. Jordi Vitrià

O relator deste curso é investigador senior e catedrático da Universitat de Barcelona (UB) con máis de 20 anos de experiencia traballando en Visión por Computación e as súas aplicacións a varios campos. Na actualidade, dirixe un grupo que traball na comprensión visual de obxectos. En 2007 uniuse ao Departamento de Matemática Aplicada e Análise da UB onde imparte un curso introdutorio sobre algoritmos e cursos avanzados na intelixencia colectiva, visión por computador e data science. Dende abril de 2011 é director do Departamento de Matemática Aplicada e Análise da UB.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.05.2015.