O curso ‘Inglés Xurídico Internacional’ pecha a súa inscrición a finais de mes
Cunha carga lectiva de 100 horas, a Facultade de Dereito acollerá nos tres primeiros meses do vindeiro ano a segunda edición do curso ‘Inglés Xurídico Internacional’ preparatorio, ademais, para os exames ILEC e TOLES. É o único curso destas características que se imparte en Galicia, que xa colectou unha boa acollida na súa primeira edición entre os distintos perfís profesionais que desenvolven o seu labor no ámbito xurídico. O prazo de preinscrición permanecerá aberto ata o próximo 30 de novembro, mentres que a matrícula poderá formalizarse entre o 1 de decembro e o 24 de xaneiro. As clases desenvolveranse os xoves e venres de 17.00 a 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas, entre o 26 de xaneiro de 2012 e o 31 de marzo de 2012. Baixo a dirección da profesora lourdes.mella [at] usc.es (Lourdes Mella), impartirás as distintas sesións o catedrático Luis Iglesias Rábade e a lectora da Área de Filoloxía Inglesa, Magdalena Gorska. No programa abordaranse cuestións legais do ámbito laboral e emprego, finanzas, propiedade intelectual, constitución, dereito administrativo ou sobre Unión Europeo e dereito internacional.