Ir o contido principal

Un curso inicia aos universitarios de Lugo na fotografía dixital

O segundo curso de iniciación á fotografía dixital que se imparte no campus lugués no actual curso académico comeza este mércores 13 a cargo do fotógrafo Fernando Gago.
As sesións desenvolveranse os luns, mércores e xoves dende o 13 de xaneiro ao 11 de febreiro en horario de 20:00 a 22:00 horas na Aula de Audiovisuais da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo.
No curso trataranse temas como a cámara e os seus accesorios, a cor e o balance de brancos, a luz natural, os ficheiros dixitais ou os programas de retoque como o Adobe Photoshop.
O obxectivo do curso é que os alumnos adquiran coñecementos elementais sobre o mundo da fotografía dixital, que lles permita un maior goce e aproveitamento na toma de imaxes ao tempo que adquiren unha base de cara a unha futura ampliación de coñecementos relacionados coa cámara e cos programas informáticos de retoque fotográfico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.01.2010.