Ir o contido principal

O curso de Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas chega á novena edición

O noveno curso de ‘Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas’ celebrarase do 15 ao 22 de novembro organizado polo Centro de Estudos e Documentación Europea (CEDE) e o Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor da USC (CERGI). O programa desenvolverase na Facultade de Dereito en horario de tarde. Goberno corporativo, responsabilidade social e aspectos transversais son os tres bloques temáticos arredor das que se desenvolverán os relatorios programados e que impartirán estudosos e investigadores das universidades de León, Alcalá de Henares do País Vasco e da propia USC. Para acadar máis información sobre o programa do seminario ou sobre o proceso de matrícula, as persoas interesadas poden dirixirse á web do curso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2013.