Ir o contido principal

Un curso sobre as linguaxes na infancia busca potenciar o traballo con música, danza e narración na aula

O Curso de Verán fomenta as diferentes linguaxes e medios de expresión na crianza
O Curso de Verán fomenta as diferentes linguaxes e medios de expresión na crianza
O prazo de inscrición rematará o próximo 1 de xuño

A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre a as linguaxes na crianza e o desenvolvemento de situacións de aprendizaxe baseadas en diferentes formas de expresión artística. Estas xornadas celebraranse os días 15, 16 e 23 de xuño na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte, Santiago) e no Centro de Ensino Semente Compostela. A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 1 de xuño.
O programa, dirixido por Estella Freire Pérez e Verónica Martínez Martínez, achega ás familias e educadores unha serie de recursos sinxelos baseados na multiplicidade de linguaxes e medios de expresión na crianza. O obxectivo é potenciar o traballo da danza tradicional, a narración oral e as regueifas, a música tradicional e a expresión artística na aula como unha forma de desenvolver unha aprendizaxe significativa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.05.2018.