Ir o contido principal

O curso de Marcha Nórdica colleita unha grande aceptación entre seus participantes

O curso de Marcha Nórdica colleita unha grande aceptación entre seus participantes
O curso de Marcha Nórdica colleita unha grande aceptación entre seus participantes

O primeiro Curso de Marcha Nórdica, celebrado esta semana en Compostela, obtivo unha boa acollida entre os/as participantes polo que a Fundación USC Deportiva valora a posibilidade de darlle continuidade a esta práctica deportiva procurándolle un novo formato e avaliando programar un segundo curso. Esta é unha iniciativa que a Fundación desenvolve dentro da área de actividades do medio natural que coordina Víctor Fidalgo e que imparte María Cecilia García Carrara, coordinadora do departamento Movemento e Saúde do Centro Slazenger Coruña. A marcha nórdica consiste en camiñar cuns bastóns especiais, empregando unha técnica denominada ALFA, onde os bastóns non só cumpren a función de apoio e equilibrio senón que se utilizan para o desprazamento como instrumento de impulso, obtendo así unha propulsión moito máis elevada. A marcha nórdica é unha práctica deportiva relativamente recente, nacida en 1996 tras unha serie de estudos realizados sobre os beneficios de camiñar con bastóns a partir dunha adaptación das técnicas do esquí de fondo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2013.