O curso ‘Menores, unha materia pendente: xustiza, educación,...’ revisa criticamente cuestións actuais nestes ámbitos
‘ Menores, unha materia pendente: xustiza, educación...’ é o lema dun curso que entre os días 22 e 23 de xullo se celebrará se celebrará na Facultade de Dereito para revisar criticamente algunhas das implicacións máis problemáticas relativas aos menores –sexting, ciberbullying, …−, dende unha perspectiva plural, na que terán cabida a óptica educativa, psicolóxica ou sociolóxica, entre outras. A inscrición poderá formalizarse ata o próximo 12 de xullo.
Baixo a coordinación de Raquel Castillejo Manzanares, o curso parte da idea de que esta perspectiva multidisciplinar “resulta absolutamente imprescindible”. Deste xeito, aos de por si actuais temas da identidade-sexualidade en menores ou da xestación por subrogación, se sumarán outras cuestións como o proceso penal do menor, novas tendencias no ensino ou protocolos de actuación das Forzas e Corpos de Seguridade contra os delitos informáticos con menores, entre outros temas.