O curso ‘Testemuñas que nunca menten’ exploran os últimos métodos e técnicas de investigación criminal en España
Ao longo de dúas xornadas o vindeiro mes de xullo, o Instituto de Criminoloxía da USC organiza o curso ‘Testemuñas que nunca menten’, dedicado á análise de métodos e técnicas de investigación criminal en España. Medicina legal e investigación policial son os dous eixos temáticos que vertebrarán o programa ao longo días 26 e 27 de xullo. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ata o próximo 19 de xullo. Entre os temas que se abordarán figuran aspectos relacionados coa estimación do intervalo pos mórtem, novas perspectivas na autopsia forense, implantación de controis de droga no tráfico rodado ou o papel do ADN na investigación criminal. No capítulo da investigación policial, entre outros asuntos, abordarase a resposta dos corpos de seguridade ás accións das bandas organizadas e da delincuencia violenta, a actualidade das actividades delituosas máis novas relacionadas co narcotráfico en Galicia, delitos tecnolóxicos, a investigación criminal e os laboratorios policiais de analítica. A análise dos temas propostos partirá das propostas que acheguen representantes da Policial Nacional, Garda Civil, da administración de xustiza, así como de investigadores e expertos universitario da USC e doutros centros de Portugal ou Inglaterra Para formalizar a matrícula deberá remitirse un correo electrónico a icsec [at] usc.es (icsec[at]usc[dot]es) indicando nome e apelidos, DNI, copia de ter formalizado o pagamento e, de ser o caso, copia da folla de liquidación das taxas de matrícula no presente curso, da tarxeta de desemprego ou elemento comprobante da vinculación coa USC, para aqueles casos nos que se ten recoñecida taxa de matrícula reducida. As persoas que asistan ao 90 por cento dos relatorios terán dereito a recibir un certificado de asistencia, estando recoñecida a validación da asistencia ao curso cun crédito de libre elección para todas as titulacións. Máis información en http://www.usc.es/gl/institutos/criminoloxia.