Ir o contido principal

Un curso de verán analiza a influencia da camelia no sector viveirístico ornamental e turístico

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

A influencia da camelia no desenvolvemento do sector viveirístico ornamental e do turismo en Galicia será estudada nun curso de verán a celebrar os días 15 e 16 de setembro no Auditorio Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa. Dirixido pola profesora da USC María Jesús Sainz Osés e pola xefa adxunta de servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Carmen Salinero Corral, o curso profundará na historia, os usos de especies, as enfermidades, pragas, rutas e todo aquilo relacionado coa camelia. Para iso, contarase coa participación de docentes da Universidade de Santiago, expertos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, produtores e coleccionistas de camelias, persoal de Turgalicia e xerentes de Viveiros da zona. O seminario inclúe ademais unha visita guiada aos xardíns do Pazo de Rubiáns.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.07.2011.