Ir o contido principal

Un curso de verán da USC aborda en xuño en Santiago as accións interdisciplinares entre medio ambiente, música e arte

Un curso de verán da USC aborda en xuño en Santiago as accións  interdisciplinares entre medio ambiente, música e arte
Un curso de verán da USC aborda en xuño en Santiago as accións interdisciplinares entre medio ambiente, música e arte

A conexión entre medio ambiente, música e arte, e as múltiples accións interdisciplinares que conectan estas áreas centran a temática do curso de verán da USC que se desenvolverá os días 17 e 18 de xuño na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela. O praza de matrícula neste programa incluído na Universidade de Verán da USC permanecerá aberto en liña ata ao 7 de xuño.

O curso, dirixido por Carol Gillanders e Laura Tojeiro Pérez, ten como obxectivos coñecer proxectos interdisciplinares que empreguen as artes na escola como medio de concienciación ambiental. A fabricación de obxectos sonoros e instrumentos non convencionais que permitan explorar as posibilidades musicais da nosa contorna, e o desenvolvemento da sensibilidade artística e medioambiental a través de obradoiros creativos inspirados no medio ambiente, constitúen outros dos cometidos deste programa.

Estruturado en 15 horas lectivas, que se desenvolverán en quenda de mañá e tarde ao longo de dúas xornadas, o curso estival da USC ‘Conectando medio ambiente, música e arte’, ofrece ao alumnado participante a posibilidade de participar en diversos obradoiros, ao tempo que tamén contempla relatorios e saídas didácticas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2019.