Dafne Nogueiras e Omar Rodríguez, bronce nos campionatos de España universitarios de loita libre olímpica
O atletas da USC seguen colectando metais nos distintos campionatos universitarios de España que se disputan estas semanas, nesta ocasión dúas medallas de bronce na categoría de Loita Libre Olímpica disputada nos Alcázares en Murcia.
Dafne Nogueiras Liste, alumna da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, subiu ao terceiro posto do podio na categoría de 59 quilogramos, mentres que Omar Rodríguez Martínez, da Facultade de Psicoloxía, tamén se fixo co bronce na categoría de 70 kg.