Ir o contido principal

Debate sobre a actualidade e as perspectivas da Universidade en Lugo

A sesión comezará este xoves ás 19.00 horas na Casa do Saber

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (AAAUSC), presidida pola profesora do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC Benita Silva Hermo, celebrará este xoves 12 de novembro, a partir das 19.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, unha mesa de debate sobre a actualidade e as perspectivas da Universidade en Lugo. A sesión, que estará moderada pola adxunta á presidencia do grupo El Progreso, Blanca de Cora García-Montenegro, contará como relatores co profesor da USC e ex vicerreitor do campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; a adxunta á presidencia do grupo empresarial Aresa, Carlota López Prado; a deputada provincial da área de Economía da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, e coa secretaria xeral adxunta da Confederación de Empresarios de Lugo, Lourdes Pardo Rodríguez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2015.