Ir o contido principal

Debaten en Económicas sobre a loita contra a explotación no téxtil en Tánxer

A loita contra a explotación no téxtil en Tánxer é o tema de conferencia que este mércores 24 impartirá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Fátima Allemmah, obreira do sector industrial e presidenta da Asociación Attawasol de Mulleres Obreiras de Tánxer. A intervención comezará ás 12.00 horas.

Fátima Allemmah ten realizado estudos e participado en diversas campañas e documentais, tanto en Marrocos como en España. Ademais é membro da Asociación Marroquí de Dereitos Humanos e do Partido Vía Democrática. A conferencia forma parte dun ciclo no que Josep Burgaya, profesor da Universidade de Vic e doutor en Historia Contemporánea pola Universidade Autónoma de Barcelona, tratou os efectos das deslocalizacións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.02.2016.