Ir o contido principal

Debaten esta tarde na USC sobre as perspectivas da educación en Galicia

A Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) será a tarde deste xoves 26 o escenario dunha mesa redonda sobre as perspectivas da educación en Galicia na que os voceiros de Educación dos partidos políticos con representación no Parlamento Galego exporán as súas propostas.

O acto, a desenvolver no salón de actos da Facultade ás 18.30 horas, permitirá manter un debate aberto previo ás eleccións xerais entre a comunidade educativa e os axentes políticos.

A iniciativa coa que colabora o centro da USC está promovida pola Plataforma en Defensa do Ensino Público, que está configurada polas organizacións CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.11.2015.