Ir o contido principal

Debaten na USC sobre química e física da materia condensada

O grupo de investigación de Química da Materia Condensada do CIQUS dirixido polo profesor Francisco Rivadulla organiza esta semana a reunión científica ‘ Cuestións actuais en física da materia condensada e química’. Aberta a todas as persoas interesadas, a xuntanza desenvolverase os días 12 e 13 de xullo na Aula de Seminario do CIQUS. Participarán nela como relatores expertos e expertas do Instituto de Nanociencia de Aragón, dos Institutos de Ciencia de Materiais de Barcelona e Madrid do CSIC, do Laboratorio Los Alamos National de EE.UU, da Facultade de Física da Universidade Barcelona; do International Iberian Nanotechnology Laboratory de Portugal, do CESGA e da Universidade de Santiago.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.07.2012.