Ir o contido principal

A décima edición do curso de verán en Foz de Historia da Educación céntrase nos proxectos educadores na natureza

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

A vila luguesa de Foz acolle de novo este ano outra edición do curso de verán sobre Historia da Educación. Nesta ocasión profundarán entre os días 19 e 22 de xullo na paisaxe e no excursionismo como proxectos educadores na natureza. Dirixido por Eugenio Otero Urtaza, o curso incorpora conferencias de expertos das Universidades de Santiago, Valencia e Autónoma de Madrid, ademais de varias excursións por lugares da Mariña luguesa a cargo de doutores e expertos universitarios. O programa inclúe tamén un cine forum con coloquio posterior no que se proxectarán as películas ‘Baraka’ (1993), de Ron Fricke, e ‘El hombre de Aran’ (1934), de Robert Flaherty.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2011.