Ir o contido principal

A Décima Promoción da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas de Lugo celebra a súa graduación

A X Promoción da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo celebra este venres, día 11, a súa graduación. Ao acto, que terá lugar na Aula Magna da Facultade ás 18:30 horas, asistirán o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro; a vicerreitora adxunta de Oferta e Xestión Académica do Campus de Lugo, Begoña Barreiro; o decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, José A. Díez de Castro; e a presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Galicia, Rosa Rois Noya, quen exercerá como madriña da promoción e ofrecerá un relatorio.
Na mesma sesión a alumna Guadalupe Vila Vázquez recibirá unha placa conmemorativa en recoñecemento ao mellor expediente da promoción anterior. Tamén intervirá no acto unha representanción dos alumnos que este ano finalizan os seus estudos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2007.