Unha delegación do Parlamento Europeo visita a Universidade
Unha delegación da Comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo reunirase este xoves, 29 de abril, co reitor da USC, Senén Barro, e responsables do equipo de goberno universitario. Os eurodeputados visitan estes días a cidade para manter encontros, no marco da Presidencia española da Unión Europea, con distintas autoridades locais, autonómicas, académicas e representantes da cultura.
Á recepción, que terá lugar ás 9:30 horas no Salón Reitoral de San Xerome, asisten os vicerreitores de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior e de Política Internacional, Máximo Pló e Agustín Merino. Deseguido farán un percorrido por distintas instalacións de Campus Vida.
A delegación está presidida polo vicepresidente da Comisión, Morten Løkkegaard (ALDE-Dinamarca), e integrada por Marco Scuria (PPE-Italia), Marie-Thérèse Sanchez-Schmid (PPE-Francia), Sabine Verheyen (PPE-Alemania), Róza Gräfin Von Thun Und Hohenstein (PPE-Polonia), Seán Kelly (PPE-Irlanda) Santiago Fisas Ayxela (PPE-España), Francisco José Millán Mon (PPE-España), Catalin Sorin Ivan (S&D Rumanía), Petra Kammerevert (S&D-Alemania), María Badia i Cutchet (S&D-España), Nadja Hirsch (ALDE-Alemania).