Ir o contido principal

Unha delegación da Universidade Politécnica de Lublin visita estes días a USC

Unha delegación da Universidade Politécnica de Lublin (Polonia) visita estes días a USC co obxecto de reforzar os procesos de intercambio de estudantes e persoal docente e investigador entre ambas institucións. O reitor Senén Barro recibiu este mércores no seu despacho en San Xerome ao seu homólogo polaco que estivo acompañado pola decana da Facultade de Económicas e polo decano da Facultade de Enxeñaría Mecánica.
No encontro, o reitor Marek Opielak valorou moi positivamente o actual fluxo de intercambio entre a USC e a súa universidade, particularmente no eido da Administración e Dirección de Empresas, ao tempo que subliñou a súa vontade de cara a incrementar esta relación.
A Politécnica de Lublin foi a primeira universidade polaca que accedeu ao Grupo Compostelá de Universidades e das primeira deste país coas que a USC estableceu convenios bilaterais de intercambio, actualmente integrados no programa Erasmus.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.10.2009.