Ir o contido principal

Unha delegación universitaria de Xapón visita o luns a Facultade de Veterinaria acompañada pola presidenta da EAEVE

Unha delegación universitaria de Xapón, acompañada da presidenta da EAEVE, a profesora da USC Ana María Bravo del Moral, visitará o vindeiro luns, ás 9.00 horas, a Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, onde serán recibidos polo equipo decanal, e posteriormente participará, ás 13.00 horas, nunha recepción institucional na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo.

A comitiva nipona permanecerá no campus lugués durante dúas xornadas, período que aproveitará para coñecer polo miúdo o funcionamento a todos os niveis da Facultade de Veterinaria de Lugo, así como as súas instalacións, laboratorios, procedementos de xestión. Esta visita, que se desenvolve por recomendación da Asociación Europea de Centros de Formación Veterinaria, encádrase no marco do proceso de reestruturación dos estudos de Veterinaria impulsado en Xapón, cuxo goberno pretende reorganizar as actuais 16 facultades en cinco centros, a través da cooperación e a redistribución do estudantado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2015.