O Departamento de Filoloxía Alemá organiza un concerto do pianista Rolf Kohlrausch
O pianista alemán Rolf Kohlrausch ofrece este venres, día 14, un concerto no Auditorio de Galicia, organizado polo Departamento de Filoloxía Alemá da USC, a Embaixada de Alemaña e a Asociación Galega de Xermanistas (AGX), entre outros colaboradores.
A actuación, de entrada libre, será ás 21:00 horas e contará con comentarios do propio artista.