Ir o contido principal

O Departamento de Química Orgánica organiza dous ciclos de intervencións coa participación dos investigadores John Montgomery e Jerzy Wicha

O profesor do Departamento de Química da Universidade de Michigan John Montgomery participa o vindeiro luns 23 no ciclo de cursos, seminarios e conferencias que organiza o Departamento de Química Orgánica da USC.
O docente impartirá o relatorio titulado ‘Recent Advances in the Discovery of Nickel-Catalyzed Reactions’ nunha sesión que comezará ás 12:30 horas na Aula Magna da Facultade de Química.
Síntese OrgánicaOrganizado polo mesmo departamento, Jerzy Wicha, do Instituto de Química Orgánica da Academia de Ciencias de Polonia, impartirá a vindeira semana un ciclo de intervencións sobre síntese orgánica.
A primeira conferencia de Jerzy Wicha celebrarase o luns 23 a partir das 17:00 horas titulada ‘Total Synthesis of Tricyclic Diterpenoids with 5-8-5 or 5-7-6- Carbon Skeleton’. Xa o martes 24, a partir das 12:00 horas, o tema da conferencia será ‘Synthesis of trans-Hydrindane Derivatives, Involving "Chirality Transfer’. Ambas as dúas intervencións desenvolveranse na Aula Magna da Facultade de Química.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.07.2007.