Ir o contido principal

Deportes abre a inscrición para participar nunha saída de montaña pola localidade asturiana de Quirós

A actividade está estruturada en tres rutas, entre elas, o ascenso a Peña Rueda de 2152 metros de altitude
A actividade está estruturada en tres rutas, entre elas, o ascenso a Peña Rueda de 2152 metros de altitude
As rutas realizarase entre os días 1 e 3 de novembro e o prazo para inscribirse finaliza o 6 de outubro ás 23:59 horas
Lugo, Santiago de Compostela

O Servizo de Deportes da USC mantén aberta a inscrición para tomar parte nunha saída de montaña pola localidade asturiana de Quirós entre os días 1 e 3 de novembro. O prazo para poder formalizar a inscrición finaliza o vindeiro 6 de outubro ás 23:59 horas a través desta ligazón.

A viaxe iniciarase o 1 de novembro, con saída ás 07.00 horas, diante da Piscina Universitaria. A actividade está estruturada en tres rutas, entre elas, o ascenso a Peña Rueda de 2152 metros de altitude, “unha das montañas máis fermosas deste parque natural de Las Ubiñas”, tal e como afirman dende o propio servizo.

Ao tratarse dunha actividade de montaña é preciso ter a licenza federativa correspondente, así como dispor dun bo estado de forma e estar acostumado/a a subir e baixar fortes desniveis de máis de 1000 metros. O aloxamento realizarse no Albergue Municipal de Arrojo en Quirós, en réxime de media pensión.

No caso de cubrirse as prazas, as persoas interesadas poderán remitir ao correo electrónico deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es), os seus datos (nome e apelidos, teléfono e e-mail), indicando o seu interese por participar na actividade para cubrir posibles baixas ou ampliacións. As peticións atenderanse por rigorosa orde de chegada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2019.