O deportista da USC Tomás Fernández Herrerín, bronce en taekwondo nos Xogos Mundiais Universitarios

Tomás Fernández Herrerín logrou o bronce nos Xogos Mundiais Universitarios que se están celebrando en Rhein-Ruhr (Alemaña). O deportista da USC conseguiu a medalla na categoría indivisual masculina, por detrás do ouro coreano e a prata para Turquía.
Na delegación galega, con Tomás está participando a tamén deportista da USC Laura Álvarez, que acadou a oitava posición na categoría indivisual feminina. Xuntos, como parella, estes dous estudantes de Medicina quedaron na quinta posición.
Estes dous deportistas xa brillaran hai pouco no Campionato de España Universitario celebrado en Alcalá de Henares, e do que tanto Tomás como Laura trouxeron para a USC cadanseu ouro en técnica sénior masculina e técnica sénior feminina de taekwondo, ademais doutro metal dourado en técnica en parella.
Hai máis dun ano que a oferta deportiva da USC se incrementaba coa creación dun núcleo de adestramento de alto nivel para taekwondo, nun acordo asinado coa federación galega que abría a porta a deportistas universitarios a tomar parte nos campionatos de España.
