Dereito acolleu un seminario sobre a incidencia da crise no modelo español de emprego público

O grupo de investigación en Dereito das Administracións e Entidades do Sector Público da USC que coordina o profesor A. Javier Ferreira e financia a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou esta semana, en colaboración co Consello Consultivo de Galicia, un seminario sobre a incidencia da crise no modelo español de emprego público. A inauguración contou coa participación da presidenta do Consello Consultivo de Galicia, Mª Teresa Conde Pumpido-Tourón. Dirixido inicialmente ao alumnado do Máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas, o encontro contou cun elevado número de asistentes. Impartiron o seminario os docentes de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Valencia, o catedrático José María Goerlich e o profesor titular Luis Enrique Nores.